Gony chegou ata as Semis no Pantín Classic!

Gony Zubizarreta chegou ata semis no XXII Pantín Classic onde foi eliminado polo brasileiro Dornelles despois de 12 victorias consecutivas dende a probra de Zarautz. Gony saiu da auga arrodeado de centos persoas que o apoiaron en todo momento. Rematou a semifinal con 14.50 puntos e o brasileiro con 14.90 puntos.

Gony comentou que: "a semi foi moi reñida e que o meu rival é un surfeiro intelixente e con moita experiencia. El foi máis paciente e conseguiu unha boa marca. Eu soamente acadei unha boa onda pero non puiden coller outra. Dornelles mereceu a victoria e eu estou contento co meu resultado." Foto: ASP

Gony, o verdadeiro embaixador do surf galego, tardou media hora en chegar dende a auga ata a zona de competidores por mor da cantidade de xente que atopou no seu camiño. "isto é unha locura pero é moi bo ter tantos apoios" dixo Gony. "Estas últimas semanas foron increibles pra min. Nunca pensara que isto sucedería despois da proba das Azores." 

MOVISTAR PANTIN CLASSIC FINAL

1st, Willian Cardoso (BRA) 16.33 pts
2nd, Rodrigo Dornelles (BRA) 12.34 pts

MOVISTAR PANTIN CLASSIC SEMIFINALS

Heat 1: Rodrigo Dornelles (BRA) 14.90 pts Def. Gony Zubizarreta (GAL) 14.50 pts
Heat 2: Willian Cardoso (BRA) 12.70 pts Def. Glenn Hall (IRL) 11.63 pts

Agora Gony ten por diante as probas de Brazil, Canada, Lanzarote e Hawaii.

Boa sorte e adiante Gony!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.