O millor surfeiro galego de todo-los tempos comeza esta tarde a súa participación no 6* WQS La Santa Pro. Desta vez o campionato estase a celebrar na famosa onda de "La Santa", santuario local do surfe na illa de Lanzarote. Por mor das condición climatolóxicas adversas esta proba non pode ser celebrada na praia de "San Juan" hoxe. Gony vai loitar na súa manga con Shaun Burrell (USA), Travis Beckmann (USA) e David Arbelo Lemes (CNY).
Gony na Santa. Foto: ASP
Gony Zubizarreta está no posto 20 do ranking mundial WQS e conta con boas opcións para estár no podio europeo e pra se-lo primeiro galego que participe no World Surfing Tour o vindeiro ano.
A proba pode ser vista en directo por internet na seguinte ligazón: http://www.aspeurope.com/live/
Tedes + info na web da ASP: http://www.aspeurope.com/2008/news_show.php?id=515