Gony en oitavos de final en Lanzarote!

Gony pasou as dúas mangas de hoxe. As dúas da tarde quedou segundo con 13.63 puntos na manga por detrás de Patrick Beven que logrou un 14.17. Unhas tres horas máis tarde entraba na auga co brasileiro Bernardo Miranda e Travis Logie pra pasar na primeira praza cun esplendido 14.83. Deste xeito Gony Zubizarreta xa está en oitavos de final desta proba WQS e afianza a súa segunda posición no ranking europeo WQS. O seu rival na manga de oitavos vai ser o francés Patrick Beven.

Gony en competición o xoves

Este venres podedes seguir a manga de oitavos dende a web da ASP:

http://www.aspeurope.com/2008/events09/lanzarote09/live.php

Adiante Gony!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.