Crónica da Caldeirada de Surf de Malpica

José Varela acabou en segundo lugar na categoría de longueirón, na 1ª Caldeirada de Surf celebrada esta finde pola xente de Silfocamps na praia de Area Maior de Malpica. Con este resultado, o surfeiro carballés, que só foi superado por Pipo Domínguez, adxudícase o torneo galego da especialidade grazas ás vitorias de Razo e Os Castros. Domínguez foi tamén o gañador na proba de surf, por diante de Pablo Montero e Marcos Heinrich. Entre as mulleres destacou Erica Franco, que se impuxo a Yolanda Rodríguez e Blanca Escrigas.


A calidade das ondas foi mellorando segundo avanzaba a xornada e a frustración de primeira hora da mañá tornouse en satisfacción pola tarde. Os afeccionados puideron gozar dun gran espectáculo maia a persistente choiva que non parou de caer en todo o día.


Máis info en: http://silfocamps.com

Todas as fotos en: http://www.facebook.com/joosMayi#/album.php?aid=137428&id=652735302&ref=mf

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.