Yolanda Rodríguez gaña o Toro Fish Volcom de Cádiz

A galega Yolanda Rodríguez de 12 anos e surfeira do Pantín Surf Clube, finalizou o Volcom Toro Fish de Cádiz na primeira posición. Este excelente resultado confirma o alto nivel actual da xente de Ferrolterra en competicións. Jaji Iglesias, local de Patos, tamán conseguiu unha magnífica segunda praza na proba masculina por detrás do canario José Maria Cabrera.

Yoli. Foto: O Blog de Occy

Pablo Romero "Occy" finalizou na quinta praza da proba nunha semifinal moi complicada. Miguel tamén chegou a semis na súa categoría.

Miguel na súa manga. Foto: O Blog de Occy

Tedes a crónica completa no artigo orixinal na seguinte ligazón:

http://elblogdeoccy.blogspot.com/2009/12/puente-cadiz-parte-guanel-contest-toro.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com