O Pantín Classic vai ser un 6 estrelas no 2010

O vindeiro ano 2010 a proba máis importante do calendario galego, o Pantín Classic celebrado na praia de Valdoviño e valedeiro para as World Qualifying Series (WQS) vai pasar a categoría de 6 estrelas, cunha proba masculina e outra feminina. As datas elexidas para esta proba son do 23 ao 29 de agosto. Isto significa máis público pero probablemente baixe a calidade das ondas. Como é habitual neste tipo de campionatos "sponsorizados" é máis importante o marketing que o verdadeiro surf e por iso fan o campionato en agosto.

Tamén van ser WQS 6 estrelas as probas de Zarauz (EUK), Confital e San Juan (CNY) porén a proba galega será a única que conte con probas de homes e mulleres. O aumento de categoría obriga á organización a fixar unha praia alternativa, por se as condicións en Pantín non son as idóneas e a elixida será Doniños, no concello de Ferrol.

No 2010 repartirá 145.000 dólares en premios para os homes e 35.000 para as mulleres, e disputarase xusto logo da cita de Lacanau (Francia), e antes das de Zarauz e Figueira dá Foz (Portugal). Tamén a proba pasa de 6 a 7 días de duración

Tedes o artigo completo en:

http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2009/12/26/0003_8192687.htm?idioma=galego

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.