Gony Out no 6*WQS de Paracuru

Gony Zubizarreta empezou mal este ano na competión oficial xa que non puido pasar a ronda 96 no 6*WQS Paracuru Ceara fronte aos brasileiros Yuri Sodre, Dunga Neto e André Fagundes nunha manga moi axustada. Tamén os bascos Hodei Collazo e Aritz Aramburu ficaron fora. Soamente Eneko Acero mantén as posibilidades nesta competición. Segundo comenta Gony no seu blog "hai que seguir positivo e pasar páxina que a vindeira semana estará en Fernando de Noronha e vai dalo todo".

Gony e Aritz facendo a postura do coello

Fonte do artigo: http://gonyzubizarreta.blogspot.com/2010/01/out-in-paracuru.html

Resultados da Manga 96: http://www.maresia.com.br/wqs2010/page/resultados

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.