Programa Empresa Amiga

Empresa Amiga

Se queres colaborar con SurfGZ.com dentro do Programa Empresa Amiga podes facelo dun xeito sinxelo e obterás unha grande promoción dentro do noso portal de noticias.

Este Programa de colaboración conta cos seguintes servizos:

  • Publicar as vosas noticias do surfcamp, tenda ou escola. ( un máximo de 10 noticias ao ano). 
  • A publicación do voso logo nunha páxina de patrocinadores ligada dende a portada.
  • Páxina de contidos variados + link + explicación dos vosos servizos  + mapa de situación en Google Maps.
  • Colocar o voso logo nun banner rotatorio na columna da dereita. 
  • Logo na parte baixa da web xunto ás outras empresas amigas.

Todo isto por un único pago anual de 100 euros e deste xeito has axudar a manter este proxecto activo.

Como podes ver non é moito diñeiro e por iso esperamos conseguir apoios das tendas, escolas, clubes e  concellos galegos. Este diñeiro empregarase en pagar os gastos de SurfGZ e en facer promoción do web. 

Se realmente queremos fortalecer o surf galego temos que apoiarnos entre todos. 

O equipo de SurfGZ.com

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.