A proba, que se celebrará no famoso areal galego da praia de Patos, será o escenario perfecto para que as novas promesas poidan lucirse. A primeira proba do circuíto dos máis novos realizarase, durante o sábado e o domingo que pechan o mes de marzo, no concello de Nigrán no emblemático berce do surf da Rías Baixas.
Enfronte ás illas Cíes, a praia ofrece ondas rápidas e picos múltiples que collen a súa mellor forma a partir da media marea, sendo en momento óptimo con swells de dirección NW e ventos suaves do sur.
As categorías desta primeira etapa do calendario da liga Surfing KIDS serán as seguintes:
SUB 14 masculino
SUB 14 feminino
SUB 12 masculino
SUB 12 feminino
SUB 10 mixto
As inscricións estarán abertas ata as 14:00 horas do próximo xoves 23 de Marzo.