Un ano máis, o Concello de Nigrán acolle na praia de Patos a celebración do III Campionato Galego e IV Campionato de España na súa modalidade de Surf Adaptado.
A diferenza doutras edicións, este ano teremos un período de competición mais amplo (período de espera), para poder realizar as mangas nas mellores condicións posbeis de marea e de ondas, para que todos os deportstas teñan as mellores oportunidades na auga.
O do evento será do 23 ao 28 de outubro: III edición do campionato galego de surf adaptado, no cal os atletas galegos mediranse entre eles para determinar cales serán os campións autonómicos nesta modalidade de surf.
Na súa segunda fase organízase o IV Campionato de España de Surf Adaptado na cal os distntos deportstas nacionais competirán entre eles nas distntas categorías para saber quen se proclama Campión de España na súa modalidade. Unha vez fnalizadas as mangas, coñecendo os vencedores de cada modalidade, realizarase a entrega de premios.
Tanto o staf técnico do evento como os deportstas e os seus acompañantes aloxaranse no Concello de Nigrán.