O Patos Surf Club, a Federación Galega de Surf e o Concello de Nigrán, organizan como cada ano en augas da praia de Patos o tradicional campionato TROFEO CONCELLO DE NIGRAN que este ano cumpre 30 edicións desde a primeira en 1990, sendo o campionato máis veterano do circuíto galego, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional, e para os surfeiros galegos a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas.
Este ano ademais o Trofeo volve ás súas orixes ao incluír tamén a COPA GALICIA DE BODYBOARD, o club Patos foi capaz de traer as dúas competicións mais atractivas a nivel galego a Nigrán e como colofón espéranse ondas de gran tamaño nunha das mellores rompentes galegas , “O Pico “ (como se coñece internacionalmente a esta onda), unha das mellores ondas galegas debido sobre todo ao seu fondo de roca, onde se medirán os mellores surfeiros do circuíto galego de surf e de bodyboard.
Entre os favoritos confirmados atópase o surfeiro de Pontevedra Milo Castelo é o que máis veces gañou este campionato en seis ocasiones alzouse co título, Alberto Raimunde, Juan Fernandez sen esquecer aos locais de patos Ivan Rodriguez, Jaji , Jamardo e Derek Rey que tentarán xogar co factor campo, en mozas teremos a ausencia da raíña do pico Cris Iglesias pero teremos duelo entre Alba Lloves e Daniela Alonso.
En Bodyboard gran balbordo entre os bodyboarders locais que xa tiñan ganas de volver catar o pico, estarán todos, capitaneados polo que máis veces gaño esta proba, Cristian Pérez, e o primeiro bodyboarder de patos David Tibe.
A gran baixa por problemas físicos será o surfeiro galego máis internacional GONY ZUBIZARRETA que confirmaba esta semana a súa NON asistencia ao campionato.
O sabado día 9 de decembro desde as 10:30h da mañá empezarase coas primeiras mangas clasificatorias de surf Master e Surf feminino, para chegar ás 15:30h coas finais de e tamén as primeiras mangas de Bodyboard open
O domingo día 10 de decembro desde as 10:30h da mañá empezarase coas primeiras mangas clasificatorias de surf open e Bodyboard, para chegar ás 15:30h coas finais de surf e de Bodyboard open
Ao terminar o campionato farase a entrega de premios do campionato de Surf e do circuíto en “Patos Beach House”, coa presenza confirmada das principais autoridades de Nigrán.