Existe unha relación amor-odio con esta onda. Cando chegas co coche e achégaste á praia e cae a serie, ves tubazos. Que pasa? Pois que a que cae boa, cae cada vez nun sitio distinto. Entras, miña nsi para remontar estes días, confiando que che vai cadrar unha desas perfectas que viches desde a praia.
Chegas ao pico e ves unha bomba que cae 5 metros á túa dereita. Colócasche aí e a seguinte cae 2 metros máis arriba. Sobes e empezas a ver ondas máis no inside cunha forma incrible. Baixas, cáeche a serie na cara e tes que volver remontar… Son baños nos que con sorte cádrache unha boa, e iso con sorte!
Aínda que é frustrante ver que por estar un par de metros desprazado non te podes pillar a boa, se che cadra… sabe 3 veces mellor!