Novo podcast de Ventrecha Surf con Luis Escolar. Hai nomes que resoan no mar como unha lenda, e Luis Escolar é un deles. Profesor, mentor e mítico do surf en Galicia, deixou unha pegada inesquecible en cada onda e en cada alumno que tivo a sorte de aprender del.
Sempre coa paixón por deslizarse sobre o mar e o seu estilo de surfear e ganas de ensinar seguen presentes nas ondas da costa Lucense e Asturiana.
Se algunha vez collestes unha onda grazas a el, xa sodes parte da súa historia. Contádenos a vosa lembranza!