O Quenlla Surf Clube leva anos facendo un gran traballo a prol do surf inclusivo no Concello de Nigrán e agora acaba de recibir un recoñecemento especial na Gala do Deporte da súa vila.
Este clube é o primeiro e único clube de surf de Galicia que inclúe a persoas con algún tipo de diversidade nas súas clases. Ten mozos con síndrome de Down, síndrome do espectro autista, Asperxer, mozos con cegueira total ou parcial e mozas con mobilidade reducida.