Anat Lelior e Guilherme Ribeiro gañan o Pantin Classic 2025

Anat Lelior (WRL) e Guilherme Ribeiro (POR) proclamáronse vencedores do World Surf League (WSL) ABANCA Pantín Classic Galicia Pro Qualifying Series (QS) 4.000, disputado en ondas de entre catro e seis pés, tras superar unha forte competencia e destacar nunhas condicións desafiantes durante toda a semana.

A terceira parada da tempada 2025/2026 do Europe QS puxo a proba física e mentalmente a todos os participantes. Na xornada final, as finalistas femininas tiveron que superar catro roldas para chegar ao título, mentres que os competidores masculinos afrontaron tres roldas decisivas para asegurarse a vitoria.

Novo vídeo coas mellores ondas do WSL Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2025 o segundo día do Open de surf.

As mellores ondas do WSL Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2025 o primeiro día do Open de surf.

Velaquí tes as mellores imaxes do segundo día de competición no Abanca Pantín Classic Galicia Pro. Este campionato consolídase como o evento de surf máis importante da península, reunindo unha vez máis aos mellores surfeiros de Europa na costa galega.

Na súa 38ª edición, o histórico campionato inclúe unha proba específica de surf adaptado, que congrega a máis de 30 deportistas con discapacidade chegados de todo o planeta.

Historias de superación persoal, paixón polo mar e esforzos sobrehumanos para vencer as limitacións físicas, sempre acompañados polo ritmo das ondas e o arrecendo a salitre que fan de Pantín un escenario único no mundo do surf.

Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.