Novo vídeo de Swell Surfboards probando a DARKNESS en condicións potentes na Costa da Morte. Está táboa de surf está deseñada para ondas potentes, control e máximo agarre en seccións críticas.
A Darkness é modelo estrela da marca na categoría step-up. Deseñado especificamente para ondas potentes e condicións esixentes, a Darkness é unha táboa construída para surfear con confianza en seccións críticas e tubos.
Con máis volume concentrado no centro, facilita a remada e a captura de ondas potentes, mentres que o seu rocker pronunciado che permite afrontar take offs complicados e manter o control nas caídas verticais. A cola redonda proporciona agarre e estabilidade nas paredes rápidas, mentres conserva a manobrabilidade cando a onda o permite.
Probada en arrecifes de todo o mundo, incluíndo ondas como as de Safi (Marrocos), é unha táboa fiable cando as condicións se complican.

