Comeza a competición en Ferrolterra

Comeza a competición en Ferrolterra

As praias da A Fragata e Esmelle, en Ferrol, acollen do 24 ao 28 de xuño unha nova edición do GADIS Surf Festival Ferrol 2026, unha cita xa consolidada no calendario europeo que combina competición de alto nivel, actividades paralelas e unha ampla oferta de lecer para todos os públicos.

O GADIS Surf Festival Ferrol é moito máis ca un evento deportivo. Durante os días de competición desenvolveranse diferentes actividades complementarias, exhibicións e propostas de ocio que converterán Ferrol nun punto de encontro para deportistas, afeccionados ao surf e visitantes.

A praia de Esmelle será o escenario das probas do circuíto europeo júnior e de longboard da World Surf League (WSL). As mellores promesas europeas destas disciplinas regresan a Ferrol para disputar o GADIS Junior Pro Ferrol, pertencente ao Junior Qualifying Series (JQS), e a proba do Longboard Qualifying Series (LQS).

A primeira xornada de competición, prevista para o mércores 24 de xuño, foi aprazada debido ás pequenas condicións do mar. A organización convocou unha nova chamada para o xoves 25 de xuño ás 9:30 horas.

O GADIS Junior Pro Ferrol constitúe a segunda parada do circuíto europeo júnior da WSL en 2026. Na categoría feminina, a española Sol Borelli chega como líder da clasificación tras a súa vitoria na primeira proba celebrada en Casablanca. Porén, a gran favorita do evento será a tamén española Carla Morera De La Vall, de só 15 anos, que parte como cabeza de serie grazas á súa posición no ranking das Qualifying Series.

Morera De La Vall chega a Ferrol con ganas de revancha despois de quedar subcampioa na edición de 2025, cando foi superada na final pola portuguesa Maria Salgado. A surfista catalá buscará agora dar un paso máis e conquistar o título nun dos eventos máis importantes do calendario europeo júnior.

Durante toda a semana, Ferrol volverá converterse nun dos grandes centros do surf europeo, reunindo talento emerxente, figuras do longboard e centos de afeccionados nun festival que combina deporte, cultura e estilo de vida ligado ao mar.
 
Comeza a competición en Ferrolterra
Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.