Crónica da Limpeza en Malpica - Iniciativas Oceánicas 2010

Silfocamps - Durante a mañá do sábado realizouse a primeira actuación da limpeza voluntaria da praia na que participaron os monitores de Silfocamps con Vicente, Chema, Sergio e Jose. Estivemos sobre unhas 3 horas limpando toda a praia e sorprendeunos bastante a cantidade de lixo que sacamos en tan pouco tempo.

Os participantes da limpeza na praia de Area Maior

Atopáronse botellas de cristal, de plástico, troncos de madeira, animais mortos, lixo, etc... o pior de todo foi unha xiringa, que por sorte tenia unha tapa para a agulla. Sentímosnos satisfeitos da limpeza, xa que inda que non houbo moito apoio, limpamos máis lixo do que nos imaxinabamos. O tempo tampouco estivo ao noso favor, xa que choveu todo o día. Aínda así, non podemos perder a esperanza e todos teriamos que achegar un pouco.

Lixo nas rochas

Recollendo o lixo da praia

Unha xiringa na area

Un momento da limpeza


A praia de Area Maior en Malpica de Bergantiños foi unha do seis praias galegas que participaron na décimo quinta edición de ‘Iniciativas Oceánicas’, programa de concienciación mariña que reúne varias propostas e actividades medio ambientais, froito do traballo conxunto entre Silfocamps e a Surfrider Foundation Europe. 

Na praia Area Maior está iniciativa realizouse grazas á colaboración do clube local de surf Silfo.

Animarvos pola vosa vontade a deixar sempre as praias limpas!

Esta limpeza organizouse dentro da campaña Iniciativas Oceánicas 2010

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com