Oferta de Emprego - Monitores en Porto do Son

Nestes tempos de crise chegounos vía email unha interesante oferta de emprego en Porto do Son este verán. Trátase de varios postos de monitor nos campamentos de verán en Porto do Son que organiza a Xunta. Son tres campamentos, do 1 Xullo ata o 15 Agosto, por quincenas (ou sexa que poden traballar en 1, 2 ou 3 campamentos). As actividades son surf, vela e kitesurf.

O salario ainda non se sabe, pero os monitores estarán en réxime de aloxamento (manutención e aloxamento a cargo da empresa). Non é necesario o título.

Tedes que mandar os CV antes do final da vindeira semana ao seguinte enderezo:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com