Xa podes contratar a Bruno Novoa!

O fotógrafo Bruno Novoa ven de publicar as súas novas tarifas 2010 pra contratar os seus servizos como fotógrafo. Bruno pode afotar dende a praia e facer sesións acuáticas xa que emprega unha carcasa e ten máis de 15 de experiencia como bodyboarder, tamén e socorrista e experto nadador.

Sesión desde a praia + CD + 15 fotos procesadas = 30 €

Sesión acuática + CD + 15 fotos procesadas = 50 €

A sesión terá unha duración máxima de 3 horas. Nun prazo dunha semana entregarase un CD con todas as fotos sacadas na sesión, ademais dunha seleccion de 15 fotos melloradas con Photoshop. Bruno Novoa emprega o modo ráfaga e saca 6 fotos por segundo. Ademais é un dos nosos colaborades habituais que aporta fotos espectaculares de sesións "only bodyboard" no sur da costa galega.

Fai click nas fotos pra amplialas!

Todas as fotos da túa sesión teñen un 10% de desconto nas ampliacións.

Tedes máis info e prezos en:

Tarifas "Sesión Surf/Bodyboard" (PDF)

Tarifas "Ampliación de Fotografías" (PDF)


Podes contactar con Bruno mediante un formulario web na súa web, chamalo por teléfono ao 647 607 604 ou por email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

BRUNO NOVOA

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com