Xa podes ver o documental surfeiro "La Tierra del Agua" na web de CAV

LA TIERRA DEL AGUAXa está na rede o novo documental surfeiro galego "La Tierra del Agua" do director Xacobo Sanmartín. Podedes mirar integramente este documental de case 29 minutos de duración na web do CAV Surfing Project.

Gony Zubizarreta, Jaji Iglesias, Pablo Montero, Oscar Vales e Yoli Rodríguez son os protagonistas deste video no que dan unha imaxe bastante positiva do noso país, das súas xentes e as ondas da nosa costa.

Surf potente con ondas dun metro en diferentes spots galegos.

Este video está recomendado pola nosa web.

Video orixinal:

http://www.cavsurfingproject.com/multimedia.php?id=160

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.