The Surfeiros Piratas estrea nova web!

A marca galega de camisolas The Surfeiros Piratas acaba de renovar a súa web. Esta nova versión inclúe novidadese melloras tanto en deseño coma en contidos. Ademais da nosa Tenda Online (mellorada e ampliada), reforzamos os contidos con novas seccións tales como eventos, equipos, galería de fotos e contactos.

- Eventos: Nesta sección ofreceremos información actualizada dos distintos eventos nos que colabore TSP.
- Equipos TSP: Este ano contaremos con dous equipos que disputarán as distintas probas dos Campionatos galegos e nacionais de surf, longboard e bodyboard.
- Galeria: Queremos invitarvos a participar nesta sección onde publicaremos tanto as vosas fotos coma información ou links que consideredes de interese.

Todas estas novidades teñen como obxectivo cubrir as necesidades e expectativas dos nosos clientes e usuarios. Invitámosvos a navegar pola nosa web e descubrir todas as melloras que puxemos á vosa disposición.

THE SURFEIROS PIRATAS

Podedes vistar esta web en:

www.tspsurf.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com