Nova imaxe e cambios en The Van Surf!

A marca surfeira galega The Van Surf ven de rematar as súas melloras de imaxes con novos logos e reformas na súa tenda e outlet na Mariña. Deste xeito unha das empresas máis antigas da nosa terra que leva traballando dende 1989 coa marca THC anova a súa imaxe e mantén a súa posición como referente na costa de Lugo tanto como escola como tenda de roupa.

Aquí tedes unhas fotos da tenda e do seu outlet en Viveiro.

Tamén queremos aproveitar pra lles dar as grazas por manter o seu apoio como empresa amiga de SurfGz e colaborar neste proxecto informativo que arrexunta a todos os riders dende o Eo ata o Miño.

Fachada da tenda de Viveiro

Graciñas 1000 a Nacho e Catalina!! En brevés publicaremos outras novidades de The Van Surf!


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com