A Costa do Surf - Desde Galicia para o Mundo [VIDEO]

Costa Surf GaliciaVelaquí tedes a ligazón co programa especial Desde Galicia para Mundo que lle adicaron o mundo do surf na costa galega.

Neste programa aparece fermosas imaxes de praias e xente importante da cultura surfeira galega falando sobre o estado do noso deporte e xeito de vida como Marcos Rodríguez, organizador do Pantín Classic, o shaper de Zorlak, Walter Nieto, Miguel Galeiras do Pantín Surf Clube, Yoli Aneiros e Mike Pérez, riders de Ferrolterra e Román Díez, shaper de Iron Mountain Surfboards.

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=3629

Unha reportaxe de case 7 minutos que paga a pena ver pra comprobar o bo estado e o futuro do surf en Galiza.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.