Nesta primeira reportaxe do ano sobre ondas solitarias que rompen soas na nosa costa, ides coñecer unha onda que busca riders e que rompe sempre sen xente en fronte da vila mariñeira da Guarda. Segundo nos comenta Alexandre González, local da Guarda, non hai rochas no fondo nin con marea baixa e a onda ten boa pinta e non precisa de moito mar.
Aquí tedes fotos doutro día con vento offshore e marea casi chea.
Esta onda é unha boa posibilidade para os riders interesados en abrir novas ondas e facilitar o coñecemendo do surfing na nosa costa. Moitas grazas a Alexandre González por partillar estas fotos connosco. Esperamos mostrar dentro de pouco as fotos da primeira sesión nesta onda.
Boas Ondas!