Novo número da Revista Baobab

A Revista Baobab editou o seu número de inverno, #14, cunha entrevista principal de excepción, o skater máis famoso do mundo, Tony Hawk, antes de viaxar a Mumbai co seu Air Show respondeu a algunhas preguntas para Baobab sobre a súa traxectoria, sobre os comezos do skate en California -acaba de presentar en Sundance xunto aos ZBoys a película Bones Brigade- sobre as súas afeccións, a súa xira por Europa e sobre a industria e todo o que rodea o skateboard.

[issuu viewMode=singlePage width=560 height=400 embedBackground=%234393cd shareMenuEnabled=false backgroundColor=%23222222 documentId=120130163218-2b18ba84bccf493b926d026d4b5e14c2 name=baobab-14-issuu username=revistabaobab tag=bmx unit=px id=388149ad-0265-17a5-0733-9039044b7ffd v=2]

Na súa sección breves recolle os acontecementos de wíndsurf, surf, longboard, paddle-surf, bmx, skate, biketrial e bodyboard, que tiveron lugar de outubro a decembro 2011 en Galicia. Entrevista dous dos compoñentes do grupo de Parkour: Galizian Urban Project, tras estar a gravar en Santorini, Grecia, para Red Bull.

E por último, un número máis na sección Promesas, selecciona aos deportistas de entre 16 e 21 anos máis destacados de Galicia en deportes de acción.

REVISTA BAOBAB

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.