Búscanse monitores voluntarios pra un programa de Traballo Social

Se estades interesados en colaborar como monitores de surf pra traballar como voluntarios con xóvenes con alto risco de marxinación podedes contactar co Agar Agar Surfing Clube e enviarlle os vosos datos. O Surf pode axudar a moitas persoas a atopar un xeito de liberar a súa frustración e a superar os seus problemas persoais.

Requisitos:

  • Monitor de surf titulado pola FGS.
  • Valorarase experiencia con mozas.
  • Desexar unha nova experiencia ensinando o que che gusta.
  • Entusiasmo.

Valorarase:

  • Titulado en Socorrismo Acuático.
  • Coñecementos de dinamización grupal, lecer e tempo libre.
  • Vivir preferiblemente en Provincia de Lugo ou A Coruña.

Os interesados, que se poñan en contacto exclusivamente con Agar Agar Surfing Clube:

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono: 630.522.313

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.