Surfing en Barbanza é un novo blog de surf da comarca do Barbanza que naceu coa intención de ter boas lembranzas das sesións, e para que enchamos o noso disco duro coas fotos de cada sesión, xa que unha das principais características e que suben moitas fotos das sesións, e non so unhas pouquiñas. O blog céntrase principalmente nas prais do Barbanza, pero tamén nas demais praias das Rías Baixas, xa que as entradas do blog dependen de Meteogalicia!! Onde estean as ondas alí andaremos!

