Consume menos, surfea máis!

Un bo surfeiro non se gasta un diñeiral nun coche novo, busca un de segunda man e co diñero que se aforra pode permitirse viaxar ou pasar máis tempo na súa praia local. Un bo surfeiro non precisa levar roupa de marca nin vestir á última moda como os surfeiros de escaparate que pasean pola praia e os bares de copas cos seus modelos sacados dos anuncios das revistas.

O surf únenos á natureza, ensínanos a amar ó mar, e fainos sentir respecto pola forza das ondas. Cando estamos en mar aberto e as series pásannos ó redor só a nosa forma física e mental pódennos axudar. O diñeiro non nos fai mellores surfeiros, a roupa de marca e o status social tampouco.

É importante ser consciente de toda a "merda" que nos tentan vender. Alágannos con publicidade de produtos de consumo con ondas ao fondo, as empresas multinacionais utilizan o surf para promover unha imaxe xuvenil e sa, ó mesmo tempo que acaban cos recursos do planeta sen contemplacións.

Un claro exemplo, é o anuncio de Accenture, que combina surf e un elefante, que na tradición asiática é un símbolo de protección e en occidente é un animal que esperta moito agarimo, que utiliza de forma "simpática" o surf para vender os seus produtos.

Outro penoso exemplo foi o de Pepsi e as estrelas mundiais do futbol para realizar un chafalleiro anuncio que ten como obxectivo vender máis Pepsi. As bebidas de cola están a causar a desecación de moitos acuiferos en todo o planeta. Para producir un litro de Pepsi son necesarios 2 litros e medio de auga. Non bebas máis lixo!

Até o formato de telelixo e os seus realitys ofrecen unha cara distorsionada do surf coa colaboración de xóvenes talentos que se ven atraidos polo reclamo publicitario  e supoñemos que un suculento premio co patrocinio de San Miguel. Resulta increible que no século XXI poidamos ver un programa de "deporte na xuventude" sponsorizado por unha empresa de cervexa. E ninguén protesta.

Este tipo de programas mostran a peor cara do surf xa que o surf non é competición, o surf non é cousa de marcas, o surf non é un negocio.

Os verdadeiros surfeiros non son famosos, probablemente nunca os coñezamos porque se pasan a vida traballando, aforrando e gozando da natureza e as ondas en anuncios pouco frecuentes. Non levan roupa de marca nin teñen a furgo ultimo modelo. A única forma de recoñecelos é pola súa pel morena e o seu gran sorriso na boca. Non busques a felicidade nas cousas materiais e superficiais.

Consume menos, surfea máis!

Ilustración: John Ramos - Tropical Mexico & Surfing

Artigo orixinal:

http://www.surfmarket.org/gl/novas/128-consume-menos-surfea-mas

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com