Ojo de Pez - Capítulo 2

Velaquí tedes o segundo capítulo desta tempada do programa de TV surfeiro 'Ojo de Pez' con importantes invitados como Pablo Martínez, fotógrafo de surf, e Mario González, un dos impulsores do surf no Mediterráneo e nas Illas Baleares. Na sección de Peixes tedes unha entrevista ao rider ferrolán Alberto Mosquera, unha das promesas do surf galego e na sección de viaxes tedes un pouco de surf en México con Gony Zubizarreta.

Na sección de aprendizaxe Elena Tapia explica o material e equipamento necesario pra aprender a facer surf dun xeito seguro. Jaji Iglesias e Alicia Conde son os presentadores deste excelente programa de surf que transmite a madurez do surf en Galicia.

Fonte da nova: Ojo de Pez

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com