Neste novo capítulo tedes unha boa reportaxe da 2ª proba do Circuíto Galego Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard que tivo lugar na praia de Patos o pasado mes de Abril. O peixe da semana é Miguel Morla, do equipo pontevedrés 73 Riders School. En Jaji on line tedes a entrevista cun rider XXL de Euskadi pero moi polémico na nosa costa, Asier Amuniain. Na didáctica podedes ver exercicios de quecemento e na sección adicada aos viaxes de Gony en México na onda de San Agustinillo.