No cuarto capítulo de 'Ojo de Pez' tedes unha boa reportaxe da terceira proba Open de Bodyboard do Circuíto Galego, que se celebrou na praia de Esteiro na Mariña hai poucos días. Alba Rodríguez, da Prado Surf Escola, é a peixe desta semana. Jaji fala con Pablo Solar, seleccionador estatal de surf e catro veces campión de España.
Por primeira vez en Didáctica, Alicia bótase a auga pra buscar o posicionamento sobre a prancha. E Gony tráevos a última onda da súa boa viaxe a México: Playa Tomatal