Eric Rebiere fala con Ojo de Pez

Eric Rebiere e parte do seu equipo, Bruno Novoa e Jaime Abelenda, son entrevistados por Alicia Conde e dan a coñecer a súa visión do surfing de ondas XXL e o potencial da costa galega neste tipo de modalidade soamente apta para os mellores surfeiros tanto física como mentalmente preparados. Alvaro Froján, alumno de Occy, é o 'Peixe' da semana. José Diéguez explica a técnica para porse de pé na táboa e na sección de Gony tedes un dos seus últimos vídeos de viaxes, desta vez imaxes de moitas ondas descoñecidas da illa da Graciosa nas Canarias.

Fonte da nova: Ojo de Pez TV

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.