No 9º capítulo da tempada, descubrimos da man dos monitores de Beach Escolas o pracer das travesías de paddle surf, realizando unha ruta que nos leva da praia de Patos ás Illas Estelas, na boca da Ría de Baiona. Kevin Rodríguez, de Malpica de Bergantiños e surfeiro de Silfo Surf Clube, é o Peixe desta semana.
En «Jaji en liña» conversamos co asturiano Fernando Pérez. Na didáctica de hoxe, os surfers do Prado Surf Escola sérvennos a segunda e última entrega de manobras básicas do surf. E Gony vén esta semana co Nike Lowers Prol de Trestles, desde San Clemente, estado de California