Este é o novo vídeo musical de 4Waves, unha banda de rock surfeiro galego, coa colaboración de Photosurf e o seu banco de imaxes de surf e bodyboard feitas nas Rías Baixas. Esta banda ven de publicar o seu primeiro EP e ten un tema chamado 'Stinky Tofu' adicado ao shaper do Barbanza Alex Cancio.
4Waves é un trio de surf rock instrumental ao estilo dos Coronas ou Straitjakets, porén cun punto máis orixinal e contemporáneo. A banda vai comezar a súa xira galega a finais do verán ata o ano que ven.
O sábado 23 de Xuño e aproveitando que esa semana se celebrou o día mundial da música e o dia internacional do SURF, actividades que recollen a esencia da nosa banda en ambas as facetas, subimos o primeiro traballo do grupo: THE FIRST RIDE. Son 7 temas de surf gravados da man do produtor Iago Lorenzo, e que che transportan aos anos 60, aos inicios do surf nas praias hawaianas, facéndote partícipe da cultura surf e empapándoche dela até as entrañas.
Se os temas son reflexo do son 70´s, os concertos non te deixarán indiferente, xa que aproveitando a improvisación que permite o directo, a banda sorprende con uniformes dos mais pecualires, e fai partícipe ao público invadindo os escenarios de inchables, obxectos de praia e surferos, etc...que unido aos ritmos bailables de surf-rock aseguran unha festa estival perfecta! Só faltaría a grellada e unhas olitas á tardiña.....
Durante o mes de Xullo a banda estará a preparar o directo e concretando as datas de presentación, das cales se poden confirmar xa a estrea na Festa Viquinga de Catoira o Venres 3 de Agosto (Mesón a Rua).
Podedes escoitar gratis os temas en: