Guía de surf e escalada
Jorge Díez - Tras levar moitos anos escalando en Monteferro, un deporte que leva case 3 décadas practicándose nos seus cantís, propuxémonos reimpulsar esta zona co equipamento de 40 vías novas de todas as dificultades, e para finalizar o traballo sucio decidimos dalo a coñecer coa elaboración dunha nova guía que recolle, xa non só estes novos itinerarios, senón a totalidade da oferta escalable na zona, descoñecida por moitos asiduos e reclamada moitos visitantes.
Jorge Díez escalando as paredes de Monteferro fronte o mar
Tras moitas horas equipando, coa guía case finalizada, e entre baño e baño, ocorréusenos ampliar a información apuntando as praias surfeables que rodean a península de Monteferro, de forma que ao final, xuntamos nunha soa guía dúas das principais activadades deportivas que podemos practicar na zona, desta forma recollemos información sobre case 100 vías de escalada e unhas 9 ondas surfeables.
Mendiola na esquerda de Monteferro
Podedes atopar esta guía en West Peak (Rúa Camelias 20, Vigo), en Terra (Rúa Pi e Margall 53, Vigo) e en Café A Pola (Paseo de Alfonso XII 7, Vigo)
{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2012/monteferro" previewWidth="254" previewHeight="190"}{/artsexylightbox}
Se estades interesados en contactar co autor: