O Pantín Surf Camp, no seu afán de mellora continua, conseguiu o pasado día 23-11-2012 a certificación "Q de Calidade Turística" da Secretaría de Estado de Turismo da Xunta de Galicia. Trátase dun recoñecemento ao traballo realizado nos últimos anos e que permitirá o acceso a novos deportistas. Pantín Surf Camp é a primeira Escola de Surf que consegue este certificado en toda España.
Os establecementos avalados pola "Q de Calidade" pasan unhas estritas auditorías que aseguran que a súa prestación de servizo é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade. Todo iso para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.
O encargado de outorgar a Marca "Q Calidade Turística" é o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), que é unha Entidade de Certificación de Sistemas de Calidade especialmente creados para empresas turísticas, formado polas asociacións turísticas estatais máis importantes, o SET, as CCAA e a FEMP. É un Organismo español, privado, independente, sen ánimo de lucro e recoñecido en todo o ámbito nacional. É o encargado de certificar, administrar e velar polo correcto uso da Marca "Q".
Pantín Surf Camp seguirá achegando valor a todas as actividades que desenvolve e, sobre todo, gozando con todos vós de Pantín e a súa contorna.