Boas festas e boas ondas no 2009!

 

 

Dende que comezamos este novo proxecto informativo a principios de setembro SurfGZ.com leva máis de 3.100 visitas e 13.200 páxinas visitadas e por iso queremos rematar este ano dando as gracias a toda a xente que pasou algún intre pola web e adicou algo de tempo a pulular polos contidos de SurfGZ.

Para o ano 2009 esperamos consolidar este proxecto surfeiro con entrevistas, máis fotos e unha mellor cobertura dos eventos organizados nas nosas praias polos clubes, escolas e federación. Isto soamente é o comezo dunha cobertura necesaria e importante pra fortalecer a comunidade surfeira galega e axudar aos novos  a sair en medios de comunicación na rede.

Nestes meses a noticia máis visitada foi a de "Gony fai historia" con 1.029 visitas nestes momentos e a segunda máis visitada foi a noticia dos resultados do Pantín Classic con 767 visitas.

Tamén queremos aproveitar pra agradecer a toda a xente que pegou un link de SurfGZ no seu blog ou web e que axudou nos primeiros momentos a espallar esta iniciativa na rede. Prometemos ofrecer novos servizos á comunidade no vindeiro ano 2009 e poder se-lo soporte do surfing e do BB galego en internet!

Apertas e boas ondas!

Kiko Campos

SurfGZ Manager

 

 

 

 


 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.