O Concello de Nigrán instala as primeiras duchas de pago en Galicia na praia de Patos

 

Velaquí tedes o apoio do Concello de Nigrán ao surf nas Rías Baixas coa instalación das primeiras duchas de praia de pago nunha praia galega. Outra vez vemos como os políticos locais soamente pensan nas praias con afán recaudatorio privando aos riders da praia de Patos dun sistema público de duchas. Supoñemos que tamén instalarán este sistema nas duchas dos traballadores do Concello e do señor Alcalde.

As duchas soamente funcionarán con tarxetas polo que practicamente ninguén vai poder empregar este sistema novo que non sabemos canto costou e que probablemente deixe de funcionar nun par de meses pola proximidade ao mar.

Tedes as excusas dos políticos locais e + info en: http://www.atlantico.net/noticia/226591/nigran/cobrara/duchas/playas/mediante/tarjetas/

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.