1ª Pescadería Fotográfica en Malpica 29 e 30 de Xuño

Nesta primeira edición da Pescadería Fotográfica vanse reunir na vila de Malpica os máis coñecidos fotógrafos vinculados ao mundo da natureza e o surf en Galicia. Este evento nace dentro do I FESTIVAL DE LONGBOARD MALPICA, un evento inédito en Galicia, que ten como finalidade gozar dunha fin de semana de surf, actividades relacionas coa cultura do surf e a fotografía, longskate e música.

Malpica Fotografia

O concepto de Pescadería Fotográfica xorde por mor de unir un pobo mariñeiro tradicional como é o de Malpica co surf a través da fotografía. Galicia con máis de 1.000 km. de costa é o diamante sen puír no mundo do surf en Europa, e disto estánse a dar conta numerosos fotográfos e bloggers que ao longo de toda costa, de norte a sur, están a dar a coñecer sitios e ondas impresionantes. Na rede podemos ver a crecente cantidade de sesións fotográficas a través das redes sociais, blogs e medios específicos como webs ou revistas.

Malpica mantén unha unha posición privilexiada na Costa da Morte, sendo un dos anuncios máis emblemáticos onde todos as tempadas pasan gran cantidade de surfeiros e turistas. Os nosos obxectivos son:

  • Tentar xuntar a fotógrafos, bloggers e xente afeccionada á fotografía, o surf e a natureza de Galicia nun evento onde todos póidanse coñecer e compartir coñecemento e experiencias.
  • Realizar un mercado na praza do mercado de Malpica onde cada un dos postos de pescadería serán cedidos aos fotógrafos participantes para vender as súas imaxes.
  • Dar un pulo económico á vila de Malpica e xunto co resto de actividades desenvolvidas dentro do festival de Longboard mediante unha xornada intensa para os veciños, participantes, comercios e locais de restauración e hostalaría.

Este evento conta coa autorización e apoio do Concello de Malpica, o cal cede o mercado munincipal que conta cuns 23 postos para os participantes así como outras infraestruturas e espazos espazos para concertos e talleres. Horario: sabado inauguración ás 18:00 ata as dez da noite. Domingo de 12:00 a 18:00.

Para inscribirse contactar por email en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.    

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.