International Surfing Day: Sanxenxo 23 de Xuño

Os amantes do surf das Rías Baixas podedes participar o vindeiro 23 de Xuño nas actividades do International Surfing Day que vai ter lugar na praia da Lanzada con cursos de surf gratis pola mañá e clases de paddle surf pola tarde na praia da Panadeira. Tamén haberá limpeza de praia, clases de Pilates, ioga e bodyart. Pola tarde noite concertos de música na Panadeira con bandas locais. Este evento está organizado por Surf-in.org e Asociación Cultural O Cubreiro.

Tedes toda a info en:

http://www.surf-in.org


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com