Resumo do 2º Surfswap en Rio Sieira

Este domingo pasámolo moi ben na praia de Río Sieira durante a celebración da segunda feira de compra e venda de material usado organizada por Stinky Tofu Surfboards e na que tamén estivo presente a marca galega de pranchas Bowltash. Ao longo do día pasou bastante xente pra ver o material exposto e compraron algunha táboa de surf e accesorios varios.

Moi bo ambiente no chiringo de praia polo que pasou xente destacada como o fotógrafo local José Morandeira e a xente damarca de gafas de sol de WoodGlass. Tamén conversamos con Carlos Viñas e os rapaces do seu equipo.

As ondas rozaban o cuarto metrillo e ao final do día puidemos surfear unha mini sesión con locais da zona e botar unhas risas na agua disfrutando dun solpor abraiante un dos días máis cálidos do ano.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.