A Directora Xeral de Turismo de Galicia emprega o surf como reclamo turístico pero a FGS esmorece sen diñeiro

turismo galicia

Seica o mellor xeito de promocionar o Turismo de Galicia en Xapón e soltando perlas como a recollida na web da ASP e realizadas por Nava Castro, Directora Xeral do Turismo en Galicia, nas que mostra a súa interese por organizar viaxes con xaponeses lles pra mostrar o Camiño de Santiago e as nosas praias, "We have been treated very well and the interest is high and they have already begun discussions to organize trips with surfers to visit 'El Camino de Santiago' and our beaches.". Estas declaracións foron feitas o pasado mes de Novembro.

Segundo se recolle no texto da web da ASP, a organización do Pantín Classic xustificou a presentación da proba no Instituto Cervantes de Tokio, xa que a presenza de surfeiros xaponenes é habitual na nosa costa, e esperan incrementar ese número de riders nipones grazas a este tipo de promoción. Mais a realidade é que na nosa costa non hai presenza de surfeiros xaponeses. No verán hai surfeiros europeos que campan sen control por toda a nosa costa pero os riders nipones prefiren viaxar a Indonesia que é máis barata e cercana.

Non entendemos como a Federación Galega de Surf soamente recibiu 24.000€ o ano pasado pero houbo cartos de sobra pra viaxar a Xapón varios altos cargos do Turismo Galego e os organizadores do Pantín Classic pra presentar un evento de surf en Xapón co obxetivo de atraer turistas. Seica o surf está ben como elemento de marketing nas campañas turísticas da Xunta pero non importa un carallo o traballo da Federación e dos clubes galegos xa que destinan máis diñeiro a estos eventos promocionais que todo o recibido nun ano pola Federación Galega que tivo máis de 4.000 riders federados.

A Federación Galega é a segunda europea con máis federados despois da francesa pero este dato seica tampouco é importante para os nosos políticos. En Concellos como o de Nigrán os surfeiros non dispoñen nin de duchas xa que hai que ter unha tarxeta de pago pra poder endulzar o traxe e limpar o pelo. Iso si todos os campos de futbol teñen auga quente e gratis para os deportistas que pagamos todos.

Promocionar o surf galego significa dar fondos aos clubes que fan canteira pra ter mellores instalacións, incrementar a formación dos surfeiros, organizar eventos polas comunidades locais e medrar a modo. Non podemos permitir que empreguen o noso xeito de vida pra facer marketing e viaxar polo planeta a cargo do erario público.

Este ano o evento decano do surf galego vai ter lugar a finais de Agosto, o que supón ondas pequenas e falta de espectáculo pero iso non importa cando o que queremos promocionar é o turismo e o surfing é algo secundario, non si??

Tedes as declaracións completas e máis info en:

http://www.aspworldtour.com/posts/7752/galician-tourism-board-promotes-pantin-classic-galicia-pro-in-tokyo-japan

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com