O equipo de www.grossosurfcamp.com convídache a que coñezas as novas instalacións que fan o noso proxecto realidade. Un centro de adestramento específico para 8 surfeiros e especialmente creado para o traballo en equipos dun máximo de oito deportistas.
A combinación de días de surf polas praias de Ferrolterra desde Doniños a Pantín, xunto co goce das nosas instalacións, fan deste Centro de Adestramento de Surf, o mellor para os Surfcamps as concentracións e clinics de equipos e seleccións de Surf e Bodyboard.
Por que 8?
O surfcamp grosso limita o número de surfeiros polas seguintes razóns:
- Maior comodidade e aproveitamento das instalacións.
- Evitar masificacións na auga. Ondas para todos.
- Practicar un ensino de calidade e de personalización.
- Respecto aos locais.
- Homogeneidad dos grupos.
O Centro sitúase na mesma praia de Doniños (Ferrol), supón a primeira iniciativa deste tipo nesta zona e dispón dos seguintes servizos:
Descrición e instalacións
O Grosso surfcamp está dotado de instalacións acondicionadas especificamente para o goce da aprendizaxe e perfeccionamento do Surf e Bodyboard. As instalacións do Surfcamp Grosso sitúanse en pleno terreo dunar da praia de Doniños e as súas principais características son.
1. Sala de vídeo (pantalla LCD 40´ e DVD) corrección onde poderedes visualizar e analizar as sesións do día así como asistir a clases teóricas de temas directamente asociados co camp.
2. Ximnasio privado; composto por unha serie de máquinas estruturadas de tal forma que seguindo as nosas táboas de exercicios poderás mellorar as túas capacidades para o mellor desenvolvemento do teu surf
3. Habitación compartida con vistas á praia. Camas dotadas de colchón visco látex para garantir o mellor dos descansos.
4. Duchas e aseos.
5. Uns arredores máxicos, presididos polo lago de Doniños e un espazo amplo e natural para relaxarche e outras actividades como Ioga, estiramentos, ping-pong, volley...
En caso de ser necesario o Centro ofrece o servizo de adestradores profesionais de Surf, Bodyboard, psicoloxía deportiva e preparador físico.
En resumo, como ves, este non é o típico surfcamp cheo a rebordar de xente e surfeando calquera cousa que rompa na praia. Grosso Surfcamp é máis que un camp. Clinics cos mellores, Surftrips á carta con guías que se coñecen ao detalle cada recuncho da nosa costa ou simplemente un centro para que ti e o teu grupo adestredes uns días en condicións...
Desde o teu mellor adestramento até o teu tempo de surf libre e lecer, telo aquí... Contorna idílico, liberdade, diversión e descanso onde os únicos sons serán os das ondas.