Este ano a mítica tenda Novalbos de Vigo cumpre o seu 25 aniversario e queremos darlle os nosos parabéns por ser unha das tendas históricas que sobreviven na nosa costa e tamén agradecerlle o seu traballo a prol do surf nas Rías Baixas.
En 1989 nacía como tenda de submarinismo, skate e surf grazas ao traballo de Pedro Novalbos pai e dos seus fillos Alfonso e Pedro que sempre están na tenda atendendo os surfeiros que pasan por ela.
Esta surf shop viguesa de sempre axuda e surfistas, skaters, snowboarders da nosa comunidade nas competicións de cada modalidade. Tamén organiza eventos de surf, campionatos de skate e descensos de longskate na comarca de Vigo.
Pai e fillo representan a historia do surf do galego na cidade de Vigo.
Pedro Novalbos é tamén presidente e creador do Patos Surf Clube e levan organizados 23 campionatos de surf en Patos, o Patos Surfing Day e os Papa Noeis surfeiros cada Nadal, a súa ultima aventura foi o ano pasado a exhibicion de surf nocturno que congregou a mais de 3000 persoas na praia de Patos o pasado mes de agosto.
Tamén formaron parte co club Patos da creacion de AGASURF, a primeira asociación surfeira de Galicia que foi o xerme de actual Federación Galega de surf e posteriormente da federacion Española
Novalbos é un exemplo a seguir de como facer traballo de base e apoiar sempre o surf sen preocuparse dos beneficios futuros. Debaixo tedes unha galería de imaxes da tenda feita por nós mesmos a semana pasada e así podedes facer unha visita virtual da súa tenda, que por certo, recomendamos a todos os nosos lectores.
Debaixo tedes unhas fotos recientes da tenda e do material de surf, skate e submarinismo que podedes atopar. Apoiade a Novalbos e comprade este veran nesta tenda viguesa que é un pilar importante do surf das Rías Baixas!
{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2014/novalbos" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}
Organiza NOVALBOS ou son sponsor principal:
- Test de tablas de surf pukas en Maio
- Exhibición de FLYBOARD - Xuño
- Patos surfing day – 21 de Xuño
- 2º Truko o Trato skate contest – 22 de Xuño
- Concurso de fotografía (facebook) – Xuño e Xullo
- Surf Nocturno:Os patos surfean de noite – 17-18 de agosto
- Campeonato galego de surf open – 6 e 7 de setembro
- Hallowen, tarde terrorífica de surf - 31 outubro
Colaboran co clube Patos ou con outros Clubes e entidades:
- Carnaval en patos - 2 de marzo
- Doble ko (break dance)- 3 de maio
- Baixada O INFERNO 2014 – 24 e 25 de maio
- Semana azul Baiona - Maio e xuño.
- Bmx o Caldeiro – 28 e 29 xuño
- Campionato de skate "La nave de tc" – maio
- Papa noeles surfeiros - 24 de Decembro.
- Fin de semana na neve en San-isidro – 27 e 28 de Nadal.
Seguide atentos porque en breves imos sortear varias camisetas especiais do 25 aniversario de Novalbos Surf Shop.
Podedes visitar a súa web e Facebook en:
https://www.facebook.com/novalbos.wavecompany?fref=ts
https://www.youtube.com/user/NovalbosSurfShop
{fcomments}