Unha das actividades que a nosa ADC ten pensado realizar este verán os días 8 e 9 de agosto é a I Mostra de Cine de Surf da Praia de Pantín, un evento ao aire libre no que poderemos disfrutar de diferentes produccións locais, nacionais e internacionais. Grazas a elas poderemos achegarnos ao surf dende o punto de vista que máis nos apaixoa, un xeito de vida e un movemento sociocultural que pode estar lonxe da competición ou do simple espectáculo.
Nos vindeiros días irémosvos facendo reseñas sobre as películas que este ano foron seleccionadas, ademais de comentarvos outras actividades paralelas que se levarán a cabo durante a Mostra. Decirvos tamén, que para financiar este acto, no que a entrada será de balde, estamos a realizar unha rifa en colaboración coa Tenda de Surf Spot Ferrol e a marca Crab Surfboards. O gañador da rifa (1 €) recibirá unha Táboa de Surf "Crab SurfBoards" e un traxe "Rip Curl E-Bomb Chest Zip 4/3" que se sortearán o día 9 de agosto durante a celebración do festival. Non vos quededes sen a vosa participación!!
Saúde e primavera para todos.!!