Éxito da 1ª Mostra de Cine de Surf de Pantín

Adcsl Praia de Pantín - A I Mostra de Cine rematou e pensamos que con grande éxito de público. Queremos lembrar que nesta mostra quixemos amosar películas de diferentes xéneros dentro do tema común que relaciona o surf coas viaxes, o respecto medioambiental e a conservación do entorno. Non foi posible completar o pase de todas as pelis que tiñamos programadas simplemente por unha cuestión de tempo.

Por este motivo queremos invitarvos a unha terceira xornada de cine para poder disfrutar coas dúas pelis de Julian e Joaquín Azulay: "Gauchos del Mar" e "Tierra de Patagones¨, dúas pezas dun mesmo proxecto nas que poderemos ver aos dous irmáns surefando as mellores ondas da costa pacífica de Sudamérica dende California ata A Patagonia. A data programada será o 20 de setembro, día no que remata o "verán", un momento fantástico para dar a benvida ao outono. Grazas a tod@s pola vosa axuda e colaboración especialmente a aqueles que, co voso esforzo, fixéchedes posible este pequeno soño.

Crónica da 1º Mostra de surf:

http://desdelacroa.blogspot.com.es/2014/08/historias-mostras-de-cine-de-surf-da.html

Fonte da nova:

https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin?fref=photo

Fotos: Desdelacroa - Jesús Busto

{fcomments}


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.