Dende o blog de Jahgo chegan outras boas fotos dun spot pouco frecuentado das Rías Baixas. Poucos surfeiros galegos coñecen ben a costa que vai dende Cabo Silleiro ata a foz do Miño mais esta costa garda unhas ondas moi boas de fondos de rocha. Nestas imaxes podedes ver unha onda divertida e bastante surfeable.
Esta foto é dun baño uns días antes, cando o mar batía con forza na costa galega