O Concello de Valdoviño négase a colaborar coa Asociación Praia de Pantín

Adcsl Praia de Pantín - Hai case dous anos que decidimos crear a nosa asociación e os motivos xa foron explicados no seu momento. Durante todo ese tempo un grupo de amigos e amigas vimos traballando xuntos para expoñer o noso punto de vista do que unha praia debe ser e como coidala ou xestionala. Nunca imposicións nin localismos; só iso, un punto de vista.

As nosas actividades do ano 2014 foron a nosa marca de intencións. A principal foi dende o principo a de aportar e construír. Demostrado queda en cada unha das nosas iniciativas. Visto o éxito do primeiro ano, e co ánimo para seguir a traballar, decidimos continuar, un máis, presentando varias iniciativas que foron concretadas nun Plan anual 2015; entre elas aparece o desenvolvemento dunha actividade medioambiental na praia titulada “Pantín, o futuro no presente” que estaría subvencionada por unimportante diario galego.

E aquí vén o "chusco" do asunto. É lóxico que necesitemos un local para traballar e desenvolver os obradoiros das actividades. É xusto que se vén alguén realizar unha charla, limpeza ou curso, teñamos un teito onde acollelo. Por outro lado non estaba de máis que aqueles que levamos tempo na praia e todos os que foron vindo despois, tiveramos un local para a nosa asociación, de libre uso, onde poidamos polo menos pasar os invernos. Sería dinamización de actividades, coidado do local e xestión organizada do mesmo!

Pois ese local existe na praia. E non só hai un local baleiro, senón dous. Dez meses ao ano permanecen pechados, sen uso e deteriorándose. Teñen todo o necesario e nós solicitamos, como é lóxico, o seu uso; por escrito unhas cinco veces e en entrevistas co alcalde outras tres máis. Non se nos deixa facer uso do lugar, e despois destes dous anos sentímonos ninguneados polo Goberno Local de Valdoviño e resúltanos incomprensible a súa negativa. E non somos o único caso no concello.

Por iso queremos denunciar esta situación e pedimos, agora dende aquí, O USO DO POSTO DE SOCORRO DA PRAIA DE PANTÍN PARA PODER LEVAR A DIANTE O NOSO PLAN DE ACTIVIDADES 2015 E PARA CUMPRIR CO COMPROMISO DE COIDAR A PRAIA!!

Por favor asinade este campañan en Change.org pra apoiares esta denuncia:

https://www.change.org/p/concello-de-valdoviño-local-social-para-la-adc-surfeiros-e-locais-da-praia-de-pantín

Web da Asociación:

http://esquistopraiadepantin.blogspot.com.es

Difunde e asina!

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.