Dende Outubro do 2010 estamos a publicar os nosos contidos no Twitter @surfgz e acabamos de superar a cifra de 4.000 seareiros e xa somos sen dúbida unha das contas de xornalismo surfeiro máis importantes de Europa. Poucas webs de surf contan con tantos followers e superamos claramente a outros xornais importantes galegos sen contar con ningunha subvención ou publicidade institucional.
Queremos aproveitar pra lle dar as grazas a outras contas importantes como son @FedeGalegasurf que conta cuns 2.300 followers e @Malpicasurf que anda polos 900 followers, xa que estamos en constante conversa con eles e os nosos chíos teñen máis alcance. Se todavía non nos coñecedes estades invitados a seguirnos en:
{fcomments}